Rakuten merca Viber por 900 millóns de dólares
venres, 14 de febreiro do 2014
A
xaponesa Rakuten, xigante do comercio electrónico con presenza en
España dende hai poucos meses, anunciou a compra
da compañía especializada en mensaxería instantánea e voz sobre IP Viber,
nunha operación por un valor total de 900 millóns de dólares (656,98 millóns de
euros) o que supón un importante avance no sector dos contidos dixitais (como
ao facerse con
Wuaki.tv hai máis dun ano).
Actualmente Viber é unha das grandes
alternativas a Skype e WhatsApp, facilitando o intercambio de mensaxes entre
dispositivos móbiles (sendo tamén compatible con equipos de escritorio) e a
realización de chamadas de balde a través de VoIP, que conta cunha base de 300
millóns de usuarios rexistrados (cun impresionante incremento de usuarios do
130% en 2013), co que Rakuten agarda mellorar a súa penetración en novos
mercados e converterse nunha das empresas de servizos na Internet líderes a
nivel mundial.
Dende Viber aseguran que a súa adquisición por parte de Rakuten supón “unha
incrible oportunidade para Viber para mellorar o noso rápido crecemento de
usuarios en mercados tanto novos como
existentes”.
