A tenda en liña de Rakuten España abre as súas portas

luns, 5 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O xigante xaponés de servizos de Internet e comercio electrónico leva meses preparando a súa chegada ao mercado español, nomeando o pasado mes de maio ao seu director xeral español, Marc Vicente, quen está acompañado por outros profesionais con grande experiencia no comercio electrónico, e aínda que dende a compañía aseguren que o lanzamento oficial de Rakuten España será no outono, o servizo web xa está operativo, converténdose nun grande competidor de Amazon.es, especialmente en labores de intermediación, por funcionar como unha tenda de tendas, de xeito que os establecementos españois que non conten cunha tenda en liña de seu poden optar a vender a través de Rakuten.es.
A nova tenda en liña está a ofrecer gastos de envío de balde ata o 15 de agosto e incluso conta cunha sección de rebaixas de verán, contando xa con milleiros de referencias en practicamente todas as súas categorías que van dende os produtos culturais ata a xardinería, aínda que nestes primeiros pasos non destaca especialmente por contar cuns prezos agresivos como fai Amazon, lo que a súa popularización no noso territorio podería resultarlle difícil.