Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Konami achegará ó móbil varios dos seus mellores xogos

Florian Stronk, responsable da división de móbiles de Konami, anunciou durante a Games Convention de Leipzig a pasada semana que a súa compañía estreará versións para o móbil dalgún dos seus xogos máis destacados coma son Pro Evolution Soccer, Castlevania: Aria of Sorrow e Silent Hill. Dende Konami parecen estar moi satisfeitos coas conversións dos seus xogos ó (...)

Ler máis

Sony presenta na Games Convention novos produtos para as súas consolas

A Games Convention de Leipzig serviu este ano para ver adiantos dos xogos que chegarán nos vindeiros meses así como para coñecer novidades do sector, destacando os anuncios da nipona Sony, que en colaboración con BT presentou unha solución coñecida coma Go!Messenger que permite facer chamadas de voz e vídeo, así coma enviar mensaxes dende a consola portátil (...)

Ler máis

A Nintendo Wii podería ter superado o número total de vendas da Xbox 360

A guerra das consolas de nova xeración está a resultar moi dura, e a forte entrada da Nintendo Wii colleu por sorpresa a moitos dos actores do lecer electrónico, pero as cifras cantan, e se nos fiamos dos datos publicados por Video Game Chartz a Nintendo Wii xa superaría en vendas á Xbox 360 durante estas datas e, nin que dicir ten, deixa á PS3 nunha (...)

Ler máis

Leipzig atraerá estes días a 200.000 seareiros do videoxogo

Se non queres caldo, toma dúas cuncas. Comeza a sexta edición da Leipzig Games Convention (no leste de Alemaña) e un dos máis rechamantes obxectivos da organización é o seguinte: atraer ó eido dos videoxogos a todas aquelas persoas ou colectivos que até o de agora non tiñan mostrado interese en poñerse perante unha consola ou PC. Falamos de persoas maiores ou (...)

Ler máis

Os creadores de videoxogos ven de distintos xeitos a actual guerra de consolas

O vindeiro xoves comeza en Leipzig a feira europea do videoxogo máis importante, a Games Convention, que para quecer motores conta como preludio cunha conferencia para desenvolvedores, nas que os creadores de videoxogos se xuntan para compartir experiencias. Na presente edición parece que hai un tema que preocupa á Industria, que é a guerra das consolas de (...)

Ler máis

EA estrea varios videxogos para Mac OS X

A tenda de Apple vén de incorporar 4 xogos de Electronic Arts para Mac que, aínda que chegan con certo retraso, de seguro que agradarán ós usuarios de ordenadores da compañía de Steve Jobs, que tradicionalmente contan cunha oferta moi reducida de títulos. Así, dende mañá xa estarán no mercado os xogos Harry Potter y la Orden del Fénix e Need for Speed Carbon, (...)

Ler máis

A meirande parte dos usuarios de PS3 e Xbox 360 non saben que as súas consolas soportan vídeo en alta definición

Un estudo do grupo NPD realizado nos EE.UU. podería dar na chave do éxito de consolas como a Nintendo Wii fronte a PS3 e a Xbox 360, pois detecta unha certa indiferenza do público ante a alta definición así como unha ignorancia bastante estendida das características das consolas de (...)

Ler máis

Aliens e Predators enfrontaranse na PSP

As conversións de videoxogos ó cine e do cine ós videoxogos pode ser unha viaxe de ida e volta, o que demostran de sobra as sagas de Alien e Predator, que nacendo no cine deron lugar a multitude de videoxogos, aínda que non tardaron en mesturarse nos comics e nas plataformas de xogo, polo que os enfrontamentos entre as dúas razas alieníxenas tiveron tanto (...)

Ler máis

Electronic Arts fará adaptacións electrónicas de varios xogos de Hasbro

Electronic Arts e Hasbro pecharon un acordo polo que EA poderá facer videoxogos baseados nos populares xogos de mesa de Hasbro coma o Monopoly ou o Scrabble, de xeito que Atari xa non sacará videoxogos destas marcas.

Ler máis

As reservas garantizarán un forte lanzamento para Halo 3

O éxito da saga de Halo é algo indubidable, e a nova entrega que chegará o vindeiro 25 de setembro a EE.UU. (un día antes que a Europa) pretende ser a estrea de máis éxito da historia do lecer como xa pasara con Halo 2, e as reservas que se están a facer do xogo parecen confirmar tal posibilidade. Halo 3 venderase en 3 versións (normal, de coleccionista e (...)

Ler máis

0 | ... | 7130 | 7140 | 7150 | 7160 | 7170 | 7180 | 7190 | 7200 | 7210 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade