Menu
PRINCIPAL
  • EMPRESASNovas sobre empresas TIC
      • Nexos 25 impulsa dous proxectos para responder á demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo e intelixencia (...)

        O programa Nexos 25 atende a crecente demanda de tecnoloxías avanzadas de mapeo, intelixencia (...)

        Vitae organiza en xuño unha nova xornada gratuíta sobre as utilidades da IA Xenerativa no software

      • Vitae achega en verán a 5ª edición do seu curso sobre IA Xenerativa para a selección de perfís (...)

        En xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA

        Vitae mostra aos propietarios de produto como usar a IA para aumentar en axilidade

  • SubscríbeteAs nosas novas por e-mail
    • Subscríbete ao noso boletín

      En móbiles e tabletas

      Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.

      Redes sociais

             

  • Edición ImpresaA nosa revista en papel
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Recursos de busca

Artigos desta sección

Bionic Commando volve... ¡en alta definición!

En 1987 Capcom lanzara un videoxogo protagonizado por un personaxe cun brazo biónico extensible que lle permitía desprazarse por distintos niveis mentres eliminaba ós inimigos cos que ía topando e que tivo un éxito non só nos salóns recreativos, senón tamén nos fogares (grazas a conversións para os ordenadores e videoconsolas da época). Agora, 20 anos despois, (...)

Ler máis

O GTA IV podería permitir a participación de ata 16 xogadores simultáneos

Os problemas coa censura non parecen ser os únicos motivos da demora do lanzamento dos últimos xogos de Rockstar, senón que o Grand Theft Auto IV podería achegar un novo sistema de xogo que permitiría ata a 16 persoas enfrontarse no mundo virtual do xogo, o que sería un engadido moi interesante a esta saga de grande éxito comercial (en boa medida promovido (...)

Ler máis

Sony crea en EE.UU. unha división dedicada á publicidade nos videoxogos

Sony Computer Entertainment America anunciou a creación dunha división dedicada á publicidade no interior dos videoxogos, que estará dirixida por Darlene Kindler, que dependerá do vicepresidente de vendas e desenvolvemento de negocio, Phil Rosenberg, que declarou que «Darlene ten unha mestura ideal de experiencia na industria dos videoxogos, incluíndo a (...)

Ler máis

Zelda estréase na Nintendo DS

The Legend of Zelda é unha das sagas máis importantes do mundo dos videoxogos que ten xa 20 anos, e que esta semana se achegará á Nintendo Ds co seu agardado The Legend of Zelda: Phantom Hourglass. Este tipo de xogos non destacan polo argumento, nin polos efectos especiais, senón que apostan directamente pola xogabilidade, que é o que máis valora finalmente o (...)

Ler máis

Pocoyó diralle ola á Nintendo DS

A popular serie de animación de Zinkia, Pocoyó, transcenderá as pantallas televisivas e meterase dentro das pantallas da Nintendo DS durante a primeira metade de 2008 grazas a un acordo entre a súa produtora e Virgin PLAY, que se encargará da distribución mundial do videoxogo Hello Pocoyo!. Actualmente Pocoyó é unha serie en emisión en 100 países, que tamén se (...)

Ler máis

Confirman a prohibición do xogo Manhunt 2 no Reino Unido

Os reguladores británicos emitiron esta semana un novo informe denegando a cualificación por idade do xogo Manhunt 2, pese a que se presentou nunha versión suavizada que si pasou os filtros correspondentes nos EE.UU., onde se considerou que era un xogo para maiores de idade. A British Board of Film Clasification determinou que os cambios no xogo non eran (...)

Ler máis

O Wii Fit chegará ó Xapón en decembro

Nintendo presentou na pasada edición do E3 a plataforma Wii Fit, que permitiría incrementar as posibilidades da súa consola doméstica levando a súa interacción a un nivel inédito, e agora xa se coñece e súa data de lanzamento no Xapón, que será o 1 de decembro ó prezo de 8.800 iens (uns 53 euros) e consiste nunha especie de felpudo sensible á presión (que a moitos (...)

Ler máis

Os Bungie Studios sepáranse de Microsoft

Os rumores de que os Bungie Studios se ían separar de Microsoft xa están confirmados, e así a estreita alianza entre as dúas compañías que deron luz á saga de Halo se relaxa para permitir a Bungie a realización de novos desenvolvementos independentes da compañía de Redmond, o que lles librará de facer xogos en exclusiva para Xbox 360, aínda que continuarán a facer (...)

Ler máis

O xogo Navy Moves terá un remake comercial

FX Interactive abriu unha segunda fase de probas dun xogo que resultará rechamante para moitos nostálxicos do software español de finais dos anos 80, xa que se trata dun remake de Navy Moves (secuela de Army Moves) para PC e que permite completar a sexta fase do xogo, o que se debe concretar mediante o envío dun SMS (a 0,90 euros) para achegar 12 créditos (...)

Ler máis

O domingo rematará a final dos World Cyber Games

Ata o vindeiro domingo celebrarase en Orlando (Florida, EE.UU.) a sétima edición dos World Cyber Games, que xunta á elite mundial dos videoxogos para enfrontarse en rede para ver quen son os mellores xogadores do planeta. Nesta competición participan 700 xogadores de 74 países nos seguintes xogos: StarCraft: Brood War, Half-Life: Counter-Strike, FIFA Soccer (...)

Ler máis

0 | ... | 7090 | 7100 | 7110 | 7120 | 7130 | 7140 | 7150 | 7160 | 7170 | ... | 7350

Dinahosting hospeda este espazo web






Revista en PDF:

Descárgaa xa







AMTEGA
· Metaversos. Enfoque opensource - GaiásTech
· O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais ata o 15 de decembro
· A Xunta destaca a importancia da concienciación dixital para crear un territorio conectado e seguro

Axencia Galega de Innovacion

O Portal da Lingua Galega







Código Cero

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

CONTACTO

  • Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
    Rúa das Hedras 4 1 M
    (Pol. Novo Milladoiro)
    15895 Ames - Milladoiro
  • 981 53 02 68
  • redaccion@codigocero.com

Premios

             

© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade