Mediapro pretende optar á TDT de pago coa súa canle Gol TV
luns, 13 de abril do 2009
O anuncio do
Ministerio de Industria de que a TDT de pago poderÃa
volver a ser unha realidade en España está a crear bastante polémica, pois
tras a difusión da nova tiveron
que matizar que era preciso o acordo do Consello de Ministros para que sexa
posible a posta en marcha do novo modelo de explotación televisiva pois, entre
outras cousas, haberá que axustar a Lei. Tamén haberá que garantir a existencia
de descodificadores compatibles para todas as canles que opten a esta canle de
capitalización da súa programación televisiva, aÃnda que polo momento a única
que deixou claro que Ãa solicitar as emisións baixo o modelo de pago foi La
Sexta, que terÃa
coma intención a transformación da actual Hogar
10 en Gol TV (canle de
retransmisións deportivas con moi pouca difusión na actualidade) que
pretenderÃa entrar en pleno rendemento para o inicio da tempada 2009-2010, o
que non afectarÃa ás retransmisións en aberto de eventos deportivos programados
en aberto (Fórmula 1, a Liga de Fútbol da presente tempada ou o Eurobasket de
Polonia 2009).
La Sexta pretenderÃa presentar a solicitude para a súa nova canle de pago a
través da TDT esta mesma semana, aÃnda que a vicepresidenta do Goberno xa
advertiu que ata que o Consello de Ministros non decida sobre o asunto non
se tramitarán as solicitudes recibidas, aÃnda que dende Mediapro consideran
que os pasos a seguir serán iguais aos da transformación de Canal+ en Cuatro
(que fixo xusto o contrario).
