O Goberno reabre a porta á TDT de pago en España
mércores, 8 de abril do 2009
Este mércores,
pese a estar en plena Semana Santa e en plena toma de posesións de varios
ministros, o Goberno aprobou que os operadores de televisión privada de ámbito
estatal que o consideren oportuno poidan solicitar ao Ministerio de Industria,
Turismo e Comercio a modificación
da súa concesión de televisión para poder prestar o servizo de TDT de pago,
o que pretenderÃa servir como nova canle de financiamento ante a crise
publicitaria, e para compensar o elevado custo dalgunhas retransmisións
deportivas.
Esta cambio normativo resulta moi polémico por distintos factores, coma o feito
de que parece estar a atender ás presións dun grupo mediático en vez a unha
necesidade real do sector, asà como pola falta de receptores de TDT no mercado
que permitan o acceso condicional a servizos de pago, o que fará que non
vexamos canles de pago a curto/medio prazo.
