Expira a patente do MPEG-2

xoves, 15 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

O pasado mes de maio o formato de compresión de audio MP3 promovido por Fraunhofer IIS vía como expiraba a súa patente, de xeito que xa non hai que pagar para fabricar trebellos que reproduzan tal formato nin aplicacións que codifiquen no mesmo, e o pasado martes aconteceu o mesmo co formato de vídeo MPEG-2, aínda máis relevante, xa que é o empregado polas películas en DVD e polas retransmisión de vídeo en resolución estándar a través da TDT.
Esta nova é especialmente relevante para o mundo do software libre, que por fin poderá integrar o formato MPEG-2 de xeito predeterminado, algo que ata o momento non podían facer para non infrinxir a patente en vigor, mentres que para fabricantes de hardware resulta a expiración da patente ten un impacto máis reducido, xa que o pagamento pola mesma foi caendo ao longo do tempo e actualmente era case insignificante, pero o feito de librarse de ter que pagar unha licenza sempre é un alivio.