Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia
SPIP | esqueleto | | Mapa do web | Seguir a vida do web RSS 2.0

As xornadas xacobeas da USC afondan na peregrinación na era dixital e presentan o proxecto Portomarín Virtual

A terceira xornada das XVII Leccións Internacionais da USC puxo o foco en fenómenos tecnolóxico-xacobeos como a peregrinación na era dixital ou o proxecto Portomarín Virtual. O encontro celébrase no Museo das Peregrinacións de Compostela e no seu marco expertos analizan o Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.

[ler máis]

O CESGA suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth


Este mércores 22 de xullo celebrouse a presentación do OneHealth DataSpace, o espazo de datos multisectorial impulsado polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) para favorecer a colaboración entre organizacións dos ámbitos da saúde humana, animal e ambiental.

[ler máis]

A Deputación de Pontevedra lanza a Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC)


A Deputación de Pontevedra lanzou unha Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC) e deu novos avances cara unha administración máis áxil e transparente. Trátase dun espazo deseñado para liderar a transformación dixital dos 59 concellos da provincia. O seu obxectivo prioritario é garantir que as entidades locais dispoñan de persoal técnico especializado, infraestrutura TIC segura e servizos dixitais homoxéneos de calidade.

[ler máis]

A Xunta implanta nas 54 oficinas de emprego unha rede de caixeiros autoservizo para facilitar trámites


O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, anunciou que as 54 oficinas de emprego galegas contan xa con caixeiros autoservizo para facilitar os trámites de renovación ou recuperación da demanda de emprego. Na súa visita á oficina do Carballiño, destacou que o obxectivo é “contribuír a unha atención máis autónoma, áxil e eficiente e avanzar cara a un servizo máis eficaz, centrado no asesoramento personalizado e na adaptación ás necesidades reais do mercado laboral”.

[ler máis]

Altia adquire Ednon para reforzar a súa oferta tecnolóxica


Altia formalizou a adquisición do 100 % de Ednon, unha operación valorada en 9,85 millóns de euros, á que poderá sumarse un pagamento variable (earn out) de ata 2,795 millóns de euros condicionado ao cumprimento do plan de negocio da empresa durante os exercicios 2026 e 2027. A integración permitirá incorporar ao grupo os 140 profesionais de Ednon e ampliar as súas capacidades en ámbitos como a innovación, o goberno do dato, a ciberseguridade, as infraestruturas tecnolóxicas, os servizos xestionados e a integración de sistemas e comunicacións.

[ler máis]

MasOrange prepárase para o eclipse total reforzando a súa rede e agasallando lentes


MasOrange puxo en marcha un dispositivo especial de monitorización da súa rede co obxectivo de garantir o servizo ante o previsible aumento de visitantes nas zonas desde as que poderá observarse o eclipse total de Sol do vindeiro 12 de agosto. Trátase do primeiro eclipse total visible desde España destas características en máis dun século, xa que o anterior produciuse en 1912.

[ler máis]

A USC impulsa un novo mestrado en Gobernanza Dixital dirixido a Marrocos, Tunisia e Palestina


O equipo galego do proxecto OpenPSM, enmarcado no grupo de investigación Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), impulsa unha iniciativa Erasmus+ de Reforzo de Capacidades no Ensino Superior que está a desenvolver un novo mestrasdo (master) en Gobernanza Dixital que conecta a tecnoloxía, a democracia e a participación cidadá en toda Europa e a rexión do sur do Mediterráneo, en concreto nos países de Marrocos, Tunisia e Palestina.

[ler máis]

O románico galego, ao detalle en tres cursos en liña, un ciclo de podcast e unha enciclopedia na Rede

Xa están dispoñíbeis en Udemy tres cursos en liña gratuítos sobre románico galego. Forman parte do proxecto Redescubre o Románico de Galicia, impulsado pola Fundación Santa María La Real, co apoio de Redeia e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. A acción formativa, en formato MOOC (curso online aberto e gratuíto), divídese en tres cursos que abordan cuestións como o románico compostelán e as peregrinacións, a Arte 1200 ou os mosteiros galegos.

[ler máis]

Raiola Marketing Conference prepara a súa 9º edición cos grandes referentes da mercadotecnia dixital en España


A cita Raiola Marketing Conference (RMC) volve á Coruña o próximo 26 de setembro coa celebración da súa novena edición en PALEXCO. Organizado pola firma galega Raiola Networks, provedora de aloxamento e solucións IT, o evento reunirá a profesionais do mercadotecnia dixital nunha xornada de relatorios e mesas redondas centradas nas tendencias que marcan o presente do sector.

[ler máis]

Apple estrea un microdrama mexicano


Apple sorprendeu presentando un avance de Nido de Villanas, unha microserie mexicana gravada integramente cun iPhone 17 Pro e publicada como parte da campaña Shot on iPhone. A produción xa está dispoñible na canle de YouTube da marca en forma de 14 episodios verticais curtos, duns dous minutos de duración cada un.

[ler máis]

Francia aproba a prohibición das redes sociais para menores de 15 anos


O Parlamento francés aprobou definitivamente a lei que prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 15 anos. O texto recibiu o apoio de ambas as cámaras o 21 de xullo, despois de que deputados e senadores acordasen unha versión común da norma. O Goberno de Emmanuel Macron pretende que entre en vigor xa no inicio do próximo curso escolar, o 1 de setembro. A pesar da aprobación parlamentaria, a norma aínda podería ser recorrida ante o Consello Constitucional francés.

[ler máis]

O grupo Novos Medios da USC constata o importante crecemento do xornalismo en TikTok


A rede social TikTok e o seu notábel crecemento internacional nos últimos anos está no alicerce dunha recente investigación do grupo Novos Medios da USC, que pon o foco no ámbito do xornalismo e na presenza cada vez maior de contidos periodísticos no seu seo (e tamén de profesionais). Medios e profesionais tiveron que adaptarse a este novo ecosistema dominado polo algoritmo “no que impera a velocidade, se desdebuxa a marca informativa, aparecen outros actores alternativos e prolifera a desinformación”, sinala a investigación.

[ler máis]

Halo: Campaign Evolved prepara a súa chegada ao Game Pass


Microsoft anunciou a segunda vaga de incorporacións de xullo e comezos de agosto ao catálogo de Xbox Game Pass, cunha selección de títulos que inclúe estreas desde o primeiro día, novas incorporacións para Game Pass Premium e o regreso dunha das campañas máis emblemáticas da historia de Halo.

[ler máis]

Halliday presenta a súas novas lentes orientadas á produtividade


Halliday deu a coñecer todos os detalles das súas novas lentes Gen 2, que apostan por unha pantalla monocroma con tecnoloxía de guía de ondas (waveguide) para proxectar información directamente no campo de visión do usuario. Chegará ao mercado en setembro a un prezo de 599 dólares e xa pode reservarse.

[ler máis]

Google presenta tres novos modelos de Gemini orientados á eficiencia e á velocidade


Google presentou unha nova xeración de modelos Gemini deseñados para reforzar o desenvolvemento de axentes de intelixencia artificial en produción, cun foco explícito na eficiencia de tokens, na redución de latencia e na fiabilidade. A compañía de Mountain View introduce Gemini 3.6 Flash, 3.5 Flash‑Lite e 3.5 Flash Cyber, tres propostas que buscan cubrir diferentes necesidades de desenvolvedores e empresas que operan con cargas de traballo complexas e de alto volume.

[ler máis]

O SERGAS incorpora en Santiago o seu primeiro robot con navegación cinemática


O SERGAS incorporou formalmente o seu primeiro robot con navegación cinemática, que xa está plenamente operativo, e que realizará en Santiago de Compostela cirurxía de columna de alta complexidade. Os detalles desta tecnoloxía foron compartidos no CHUS polo conselleiro de Sanidade, Antonio Caamaño, acompañado do xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio.

[ler máis]

A Zona Franca destinará 22 millóns de euros ao HUB TIC de López Mora


O pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo aprobou este martes 21 de xullo os orzamentos para 2027. Fíxoo cun programa de investimentos para a área viguesa de máis de 123 millóns de euros, (123.528.444 euros), un 47,6% máis que en 2026, para seguir impulsando o desenvolvemento económico e a xeración de emprego. En canto á previsión plurianual a estimación de investimentos para o período 2027-2030 é a máis alta da historia do Consorcio, ascendendo a máis de 500 millóns de euros, cun incremento do 31,6% con respecto aos orzamentos do exercicio anterior.

[ler máis]

O xoves chega Splatoon Raiders a Nintendo Switch 2


Splatoon Raiders, o novo xogo de acción e disparos da franquía Splatoon, estará dispoñible en exclusiva para Nintendo Switch 2 a partir do 23 de xullo. Aínda que centrado na experiencia para un xogador, o xogo permite cooperar con ata catro participantes (a través da Internet ou mediante comunicación sen fíos local) para explorar illas, buscar tesouros e facer fronte a numerosas vagas de inimigos.

[ler máis]

Sony presenta unha nova demanda xudicial contra Udio


Sony Music Entertainment presentou unha segunda demanda por infracción de dereitos de autor contra a plataforma de xeración musical con intelixencia artificial Udio, na que acusa a empresa de copiar sen autorización 30.117 gravacións sonoras para adestrar os seus modelos de IA. A nova acción xudicial chega despois de que un xuíz federal rexeitase incorporar esas obras ao procedemento iniciado en 2024, aínda que recoñeceu expresamente que a discográfica podía reclamar por elas nun litixio independente.

[ler máis]

Jacobo Sutil visita o set de Dímelo con besos, que produce Vaca Films e que se poderá ver en Prime Video


O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, visitou, no CIFP Universidade Laboral de Culleredo, o set onde se desenvolve a rodaxe da película Dímelo con besos, produción de Vaca Films para a plataforma de streaming de Amazon, Prime Video, e que conta co apoio de 300.000 euros por parte da Xunta de Galicia a través da convocatoria de 2026 do fondo para a atracción de rodaxes á nosa Comunidade.

[ler máis]


· As xornadas xacobeas da USC afondan na peregrinación na era dixital e presentan o proxecto Portomarín Virtual

· O CESGA suma xa 43 investigacións no seu espazo de datos OneHealth

· A Deputación de Pontevedra lanza a Oficina Tecnolóxica de Asistencia aos Concellos (OTAC)

· A Xunta implanta nas 54 oficinas de emprego unha rede de caixeiros autoservizo para facilitar trámites

· Altia adquire Ednon para reforzar a súa oferta tecnolóxica

· MasOrange prepárase para o eclipse total reforzando a súa rede e agasallando lentes

· A USC impulsa un novo mestrado en Gobernanza Dixital dirixido a Marrocos, Tunisia e Palestina

· O románico galego, ao detalle en tres cursos en liña, un ciclo de podcast e unha enciclopedia na Rede

· Raiola Marketing Conference prepara a súa 9º edición cos grandes referentes da mercadotecnia dixital en España

· Apple estrea un microdrama mexicano

· Francia aproba a prohibición das redes sociais para menores de 15 anos

· O grupo Novos Medios da USC constata o importante crecemento do xornalismo en TikTok

· Halo: Campaign Evolved prepara a súa chegada ao Game Pass

· Halliday presenta a súas novas lentes orientadas á produtividade

· Google presenta tres novos modelos de Gemini orientados á eficiencia e á velocidade

· O SERGAS incorpora en Santiago o seu primeiro robot con navegación cinemática

· A Zona Franca destinará 22 millóns de euros ao HUB TIC de López Mora

· O xoves chega Splatoon Raiders a Nintendo Switch 2

· Sony presenta unha nova demanda xudicial contra Udio

· Jacobo Sutil visita o set de Dímelo con besos, que produce Vaca Films e que se poderá ver en Prime Video

· O acordo entre Anthropic e un grupo de escritores consegue a aprobación xudicial

· Philips trae a España o seu monitor profesional de dobre cara

· DCKO será un novo xogo de loita para móbiles

· O Observatorio Español do Racismo e a Xenofobia detecta máis de 40.000 contidos de odio en redes sociais en xuño

· A Aula CeMIT de Guitiriz programa dous obradoiros tecnolóxicos para a mocidade durante o mes de agosto

· R e MasOrange fan preto de 400 intervencións na súa rede móbil en Galicia para garantir a conectividade no verán

· Unha xuíza frea temporalmente a fusión entre Paramount e Warner

· Algúns monitores LG instalan software en Windows 11 sen autorización do usuario

· A Casa das Ciencias ofrece case 160 prazas diarias para asistir ao documental inmersivo 3CLIPSE

· A Xunta destina preto de 6 millóns de euros á compra de máis de 8 mil portátiles para o alumnado