YouTube anima aos seus usuarios a enviar felicitacións de Nadal con vÃdeos
venres, 12 de decembro do 2008

- YouTube permite seleccionar distintos temas para decorar a aparencia das felicitacións
O pasado ano YouTube presentou as video-felicitacións de Nadal, das que se enviaron máis de 1 millóns, e agora retoman esa idea na sección Tarjetas de felicitación de YouTube dende a que se pode elixir un vÃdeo (tanto entre os recomendados por YouTube coma outro calquera publicado no portal de vÃdeos de Google), seleccionar o tema gráfico que desexemos para a súa presentación, redactar o texto que acompañe á nosa felicitación a xeito de mensaxe persoal e introducir logo os enderezos de correo electrónico dos destinatarios para felicitarlles as festas de xeito orixinal e ecolóxico (xa que se evita a tala de árbores ao non precisar de papel as felicitacións electrónicas).
