X limita o número de publicacións que poden facerse ao dÃa sen pagar
luns, 18 de maio do 2026

- X detalla os novos lÃmites de uso nas súas páxinas de axuda
Ao pouco de que Elon Musk tomase as rendas de Twitter foron moitos os cambios na plataforma consecuencia dos recortes a nivel de infraestrutura, como cando se chegou a limitar o número de chÃos que podÃan lerse por dÃa. Esta cantidade era diferente entre os usuarios de balde e os usuarios de pagamento, e aÃnda que esta medida se anunciaba como temporal, rematou converténdose nunha polÃtica de lÃmites establecida.
Nos últimos tempos os lÃmites de X eran de 500 mensaxes directas ao dÃa, 2.400 publicacións/republicacións ao dÃa, 400 seguidos ao dÃa e tamén outros lÃmites de seguimento doutras contas unha vez superados os 5.000 seguidos. AÃnda que moitas destas limitacións son claramente razoables, e buscan principalmente evitar certas malas prácticas, a polÃtica de publicacións vén de mudar, e as novas limitacións poden resultar un problema para os usuarios máis activos, xa que a partir de agora as contas que non paguen pola verificación só poderán realizar 50 publicacións ao dÃa e 200 respostas.
AÃnda que os lÃmites poden parecer bastante elevados para un usuario ordinario, pode haber momentos puntuais nos que resulte natural superalos e, no caso de empresas e medios de comunicación isto poderÃa ser moi habitual, polo que practicamente se está forzando a moitos usuarios a pasarse a un plan de pagamento se non queren ver limitada a súa capacidade de interactuar en X. Estamos ante unha práctica que ningunha outra plataforma social xeralista ousou facer, polo que non serÃa unha sorpresa que finalmente se botasen a compañÃa de Elon Musk se botase para atrás de detectar que tal polÃtica ten un efecto pernicioso.
