Windows Phone parece confirmarse como unha alternativa máis sinxela a Android
mércores, 26 de xuño do 2013

- Steve Ballmer compartiu cos asistentes ao BUILD 2013 reflexións sobre os moitos dispositivos aos que está a achegarse o Windows de Microsoft
Durante
o encontro para desenvolvedores BUILD organizado por Microsoft, aparte de
presentarse a versión preliminar de Windows 8.1, tamén quÃxose pór en valor a
súa contrapartida móbil, Windows Phone 8, sobre o que a compañÃa de Redmond
desvelou algunhas informacións interesantes como que o
42% dos usuarios que adquiren un móbil con Windows Phone veñen dun terminal
básico, dando a impresión de que o sistema operativo móbil de Microsoft capta
usuarios grazas á súa interface máis sinxela, facilitando a transición ao mundo
dos smartphones; pero a tal dato tamén engadiron que os 23% dos móbiles con
Windows Phone corresponderon a usuarios que viñan de Android, dando a impresión
de que atoparon un espazo moi cómodo como alternativa ao iPhone sen a
complexidade que moitos atribúen a Android.
De todos os xeitos, dende Microsoft non esquecen que actualmente hai 4.000
millóns de usuarios de móbiles básicos en todo o mundo, polo que o sector dos
smartphones aÃnda ten moito potencial que explotar. Vemos asà que terminais
como o Nokia Lumia 520 e outros dispositivos con Windows Phone, que chegan ao
mercado a prezos axustados e cun comportamento máis que satisfactorio, poidan conseguir
unha boa presenza comercial nos vindeiros meses.
