WhatsApp poderÃa permitir pagamentos entre particulares na India
martes, 4 de abril do 2017
En
moitos mercados existen ferramentas baseadas no móbil para o envÃo de cartos
entre particulares, de xeito que podemos ver como en EE.UU. poida realizarse un
pagamento a través de Messenger ou a xente poida rexistrar as súas tarxetas
bancarias en LINE e, en vista do enorme potencial que ten este xeito de
facilitar os pagamentos a través do móbil dende The Ken comentan que
WhatsApp está a preparar unha solución de pagamentos entre particulares que
estarÃa operativa antes de medio ano.
Esta novidade aproveitarÃa que WhatsApp ten máis de 200 millóns de usuarios na
India para permitirlles realizar pagamentos móbiles sen ter que instalar outra
aplicación e sen ter que contar con smartphones de alta gama como acontece con
Samsung Pay ou Apple Pay.
Haberá que agardar para ver como funcionará esta nova plataforma de pagamentos
co móbil, pero é innegable o interese das empresas tecnolóxicas en posicionarse
á hora de empregar os smartphones a xeito de tarxetas bancarias, dando a
entender que o uso do teléfono a xeito de carteira será o máis habitual en
poucos anos.
