Unha empresa xermana imprime versións personalizadas da Wikipedia
mércores, 4 de marzo do 2009
Coa
popularización da Internet as enciclopedias en formato fÃsico convertéronse nun
recurso totalmente obsoleto, pero a empresa PediaPress
permite dar a volta ás tornas dun curioso xeito, xa que comercializada a
Wikipedia en papel de xeito que os usuarios poden elixir os artigos que queren
ver recollidos ou adquirir recompilacións
temáticas preseleccionadas por outros usuarios.
Esta curiosa aplicación da impresión baixo demanda á Wikipedia funciona
actualmente coas versións en inglés, francés, polaco, holandés, portugués e
español da mesma, e os usuarios poden aproveitala para construÃr a
súa selección de artigos en formato PDF ou para encargar un libro de 20 x 14 cm.
con portada en cor e interior en branco e negro a prezos que parten duns 8,90
dólares por un volume de 100 páxinas e poden encargarse dende calquera parte do
mundo.
Este mashup está asociado coa
Wikipedia, de xeito que a Wikimedia Foundation recibe o 10% de cada libro
vendido.
