Un estudo alerta do perigo para a saúde dalgunhas impresoras láser
venres, 3 de agosto do 2007
Un estudo do Programa de
Saúde e Calidade do Aire da Universidade Tecnolóxica de Queensland (Australia)
sostén que as impresoras láser nas oficinas poden ser nocivas para a saúde,
cuns efectos semellantes ó fume do tabaco, pola emisión de partÃculas do tóner,
que poderÃan provocar problemas respiratorios e cardiovasculares.
O
estudo baseouse nunha proba de 62 modelos de impresoras láser relativamente
novas, detectándose que a emisión de partÃculas de 17 das mesmas eran elevadas,
sorprendendo detectar que tal problema non se presentaba nas fotocopiadoras
(que empregan unha tecnoloxÃa equivalente).
Como exemplo podemos citar que os modelos 1320 e 4250 de HP estaban entre os
que emitÃan máis partÃculas de tóner, mentres que a as impresoras da serie HP
LaserJet 4050 eran seguras, aÃnda que dende o fabricante aseguraron que os seus
equipos pasan os controis de seguridade esixidos pola lexislación.
Poderiamos estar asà ante un novo factor a ter en conta na compra de
impresoras, de xeito que nalgúns contornos corporativos poderÃan ponderar a
importancia da emisión de partÃculas xunto coa velocidade e o consumo das
impresoras láser.
