Twitter renova a súa portada
mércores, 29 de xullo do 2009
Twitter
cambiou o deseño da súa portada, no que pode parecer unha simple
modificación estética, pero que vai máis aló ao potenciar elementos desta
plataforma de microblogging como a
busca ou unha selección de etiquetas que reflicten os temas máis relevante do
momento, do último dÃa ou da última semana, de xeito que xa non é un servizo
orientado só a seguir os comentarios dos nosos amigos, senón que tamén pode
entenderse coma un sistema para tomar o pulso da actualidade, o que serve de
reclamo para moitos usuarios.
O buscador de Twitter leva moito tempo en funcionamento, e nos últimos meses
foi cambiando a súa relevancia, ata colocarse na columna dereita da web do
servizo, e agora tamén na súa portada, deixando constancia da evolución que
está a ter esta plataforma de comunicación, cada vez máis válida para achegar
información de última hora.
Coa reforma da portada o servizo tamén resulta máis sinxela, contribuÃndo ao
acceso aos contidos publicados en Twitter e facendo
que o formulario de introdución do nome de usuario e o contrasinal por parte
dos usuarios actuais non estea visible agás que premamos na opción
correspondente (simplificando a interface ao resto do público).

- Twitter leva tempo potenciando as buscas na súa plataforma
