Twitter renova a súa aplicación para Windows Phone
mércores, 9 de outubro do 2013
A aplicación
oficial de Twitter para Windows Phone chega á versión 3.0, o que supón unha
importante renovación desta aplicación móbil que facilita o seguimento en tempo
real de historias, fotografÃas, vÃdeos e conversas que teñen lugar en Twititer,
permitindo incluso a configuración de varias contas de usuarios e a aplicación
de filtros ás imaxes antes de compartilas, e que agora está mellor integrada no
sistema operativo móbil de Microsoft, ao permitir que poida configurarse na pantalla
de bloqueo do dispositivo (na que agora poden aparecer chÃos e fotografÃas
antes de desbloquear o terminal, animando esta pantalla) e incrementa as
opcións de configuración de notificacións (permite recibir notificacións de
varias contas podendo elixir, por exemplo, se queremos recibir todas as
mencións ou só as de persoas que sigamos).
Outras novidades
que presenta a aplicación é o soporte de ata 54 linguaxes dende as que
poder efectuar traducións valéndonos da tecnoloxÃa de Bing (ao abrir o detalle
dun chÃo procederase á súa tradución agás que estea na nosa lingua ou nalgunha
outra lingua que indiquemos que non queremos traducir), fai máis áxil a realización
de buscas, mellora a sección de Descubrimento (na que podemos atopar
información relevante, e na que agora tamén veremos fotografÃas, vÃdeos e
contas, e non só chÃos) e incorpórase tamén a posibilidade de configurar a
aplicación para o seu uso cunha cor de fondo escura.

- A nova versión de Twitter permite amosar contidos na pantalla de desbloqueo do móbil
