Twitter elimina o selo de verificación azul dos usuarios que non pagan
xoves, 20 de abril do 2023

- Nin sequera Donald J. Trump conta actualmente cun selo de verificación en Twitter, deixando en evidencia a nula utilidade do novo escenario na plataforma social de Elon Musk
AÃnda que anunciaran
inicialmente que o dÃa crucial serÃa o 1 de abril, finalmente Twitter mudou a
data de eliminación dos selos de verificación dos usuarios que non pagan polo
servizo Twitter Blue, posiblemente para que a xente non pensase que estaba ante
unha broma do Primeiro de Abril) e finalmente hoxe realizouse o cambio.
No momento de escribir estas liñas Twitter funciona dun xeito inconsistente, xa
que se imos á pestana de Verificado no apartado de Notificacións vemos como
aparecen unha chea de contas que tiñan o selo de verificado ata hoxe, pero que
actualmente carecen de tal etiqueta.
Baixo este novo escenario os selos de verificación de cor azul só está
dispoñible para subscritores de Twitter Blue, o que basicamente non quere dicir
nada para o resto de usuarios, xa que só indica o estado de subscrición a un
servizo, e non se estamos ante unha persoa coñecida e non un suplantador, o que
poderÃa provocar grandes problemas nos vindeiros meses.
Cómpre lembrar que as verificacións chegaron a Twitter precisamente como unha
protección legal da plataforma social ante suplantacións de identidade das que
podÃan ser considerados parcialmente responsables, e agora que nin sequera o
anterior presidente dos EE.UU. conta cun check azul queda claro que esa
marca xa non significa nada e incrementa a inseguridade de Twitter.
