Twitch toma medidas para non converterse nun casino
mércores, 21 de setembro do 2022
Nos últimos meses a plataforma de vÃdeo Twitch experimentou
un incremento desproporcionado de retransmisións relacionadas con apostas de distinto
tipo, como máquinas comecartos virtuais, ruletas e outros xogos de azar que en
moitos casos servÃan de promoción para páxinas web de apostas con acordos moi
lucrativos para os streamers (algún estaba a ingresar máis dun millón de
dólares ao mes). Esta situación estaba a propiciar unha mala imaxe de Twitch
como espazo seguro, levando a que varios streamers ameazasen con boicotear
a plataforma se non deixaban de propiciar a ludopatÃa, e finalmente Twitch move ficha
e anuncia novas normas relativas ás apostas en Twitch.
AÃnda que a polÃtica de Twitch prohibe expresamente compartir ligazóns e
códigos para páxinas web de comecartos, ruletas ou xogos de dados, certas canles
conseguiron sortear a norma, de aà que teñan que reformala, de xeito que a partir
do 18 de outubro prohiben o streaming de webs de apostas que carezan de medidas
de protección ao consumidor, destacando os casos de Stake.com, Rollbit.com,
Duelbits.com e Roobet.com. O que seguirán a permitir son as páxinas web de apostas
deportivas e póker.
