Twitch centraliza o acceso aos contidos das súas canles
martes, 7 de marzo do 2017
A
plataforma Twitch axuda a conectar a xogadores de todo o mundo, principalmente
a través de retransmisións de vÃdeo en directo, sector no que son lÃderes, pero
a plataforma tamén conta con chatas e fluxos de novas por canles,
funcionalidades ás que está a unirse Pulse,
un lugar no que os streamers poden publicar vÃdeos, calendarios, fotografÃas...
para que os seus seareiros poidan estar informados da súa actividade, o que
pode considerarse como un achegamento de Twitch a Facebook, converténdose nunha
completa rede social na que poder compartir cada vez máis contidos e asÃ
conectar aÃnda máis aos responsables das canles de Twitch coa súa audiencia.
Pulse está a comezar a aparecer na portada de Twitch (implantación que para
algúns usuarios pode levar varios dÃas) e este espazo recollerÃa os contidos
das distintas canles que siga o usuario, de xeito que non serÃa preciso entrar
en cada canle unha por unha para ver o que se comparte nas mesmas, prestación
que estará dispoñible tanto na web como na aplicación móbil de Twitch.
Este xeito de centralizar as actualizacións dos streamers fai máis accesible o contido compartido en Twitch e
incrementa as posibilidades de interacción na plataforma que cada vez ten máis
posibilidades, deixando claro o pulo que as retransmisións de videoxogos en
directo teñen actualmente, sendo capaces de facer que as súas plataformas
poidan ousar a competir con servizos como Facebook á hora de reter aos
usuarios.
