Toupa.net facilita a compra de cultura galega a través da web
mércores, 5 de maio do 2010

- Toupa.net estréase cunha interface sinxela e atractiva
Baixo o lema de cultura para levar botou a andar nas
últimas horas a tenda en liña Toupa.net
(da compañÃa luguesa Lonxa Cultural, S.L.), que ofrece un interesante catálogo
de música, libros, comics e DVD en galego ou de autores galegos, que en moitos
casos son difÃciles de atopar nas canles convencionais, e que vense aquÃ
recompiladas, prestando unha especial
atención ao material infantil.
Esta nova páxina web foi desenvolvida pola empresa compostelá Inxenio Internet
Consulting, e está apoiada por presenza en
Twitter e en
Facebook, asà coma por un
blog, de xeito que este proxecto nace arroupado por un tecido social
que poderá contribuÃr ao fomento da cultura galega e á súa comercialización, e
boa media grazas á mera visibilización a través de distintas plataformas.
