Teremos Company of Heroes 2 a finais de xuño
mércores, 6 de marzo do 2013
SEGA anunciou hoxe que o xogo de Relic Entertainment Company of Heroes 2, que pretendÃa pórse
á venda a primeiros de ano, chegará
finalmente ao mercado o 25 de xuño, procurando manter o nivel de esixencia
da súa anterior entrega e facendo uso do Essence 3.0 Engine e do sistema
climatolóxico ColdTech consegue achegar unha experiencia de estratexia en tempo
real nunca vista.
Cómpre lembrar que este xogo pertencÃa a THQ, compañÃa que acolleuse á
bancarrota e rematou vendida por partes, polo que máis que un adiamento deste
xogo para PC e Mac estamos ante a súa resurrección, para tranquilidade dos seus
moitos seareiros, que nesta nova entrega poderán situarse na fronte oriental da
Segunda Guerra Mundial, tomando o mando das forzas rusas na súa loita contra os
nazis.
Nos vindeiros dÃas darán detalles sobre a beta pechada do xogo que axudará a
probar e balancear o modo multixogador deste tÃtulo.
Trailer do modo multi-xogador de Company of Heroes 2
