Televisión Española estreará no verán un concurso inspirado no videoxogo SingStar

venres, 13 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Este verán TVE sorprenderá levando á pequena pantalla unha adaptación do videoxogo SingStar que tanto éxito ten nas súas distintas entregas para PlayStation 2 e 3. O novo espazo se emitirá por La 1 e se coñecerá coma Canta SingStar.
Carlos Sobera conducirá o concurso de karaoke que xa comezou as súas probas de selección de participantes no mundo real (Barcelona, Madrid, Sevilla e Valencia) aceptando tamén concursantes a través da web de TVE, onde os candidatos poderán subir as súas probas gravacións para saltar ao programa de televisión.