Telefónica trae a España o HTC Dream
xoves, 12 de febreiro do 2009
Telefónica e o fabricante HTC Corporation chegaron a un acordo para traer a España o HTC
Dream, dispositivo móbil que incorpora o sistema operativo
Android, de xeito que Telefónica convértese na primeira compañÃa móbil española
en anunciar co sistema operativo promovido por Google, e ratifica a súa aposta
por incorporar ao mercado os terminais móbiles máis avanzados,
independentemente do sistema operativo co que traballen, co obxectivo de
asegurar ao cliente a mellor experiencia e acceso á Internet móbil.
O HTC Dream estará
dispoñible entre 0 e 129 euros para os clientes que
proveñan doutras compañÃas móbiles, e entre 0 e 199 euros
para os usuarios móbiles de Telefónica que se pasen de prepago a contrato, e
tamén para novas altas. Os prezos variarán en función do compromiso de voz (9,
20, 40, 60 ou 90 euros) e datos (10 ou 15 euros) que asuma o cliente (o que lembra ao cadro
de prezos do iPhone, aÃnda que reducindo lixeiramente as cotas).
Segundo LuÃs Ezcurra, director de Terminais e
Multimedia de Telefónica España, «é un
orgullo para Telefónica ser o primeiro operador de España que lanza o HTC Dream, un dispositivo móbil
equipado co sistema operativo Android. Hoxe en dÃa, Internet e o teléfono móbil
son ferramentas indispensables por igual nas nosas caóticas vidas, pero só unha
pequena parte dos usuarios accedemos a Internet dende os nosos teléfonos
móbiles. O HTC Dream é
unha grande oportunidade de acelerar a adopción masiva da Internet móbil en
España».
O HTC Dream serÃa un terminal equivalente ao xa popular T-Mobile
G1, pero comercializado baixo a súa marca orixinal (sen remarcalo co
nome da operadora de telecomunicacións que o subministra).
