Telefónica informa en Vigo dun programa de bolsas para novos titulados en enxeñarías tecnolóxicas
venres, 18 de maio do 2012
Telefónica quer impulsar o talento dos mozos universitarios
co programa Talentum, que no
caso dos universitarios concrétase nun programa de bolsas de longa duración que
constitúe unha oportunidade para a aproximación dos novos titulados á realidade
empresarial fomentando a súa integración no mercado laboral a través da
formación práctica, iniciativa
que vén de darse a coñecer entre os enxeñeiros vigueses da man de Javier
Zorrilla, director do Territorio Norte de Telefónica España.
Zorrilla destacou que a convocatoria deste tipo de bolsas é unha mostra do
compromiso de Telefónica coa “captación
de talento para seguir innovando e crecendo na era dunha revolución dixital que
as novas xeracións están chamadas a comandar”.
Os enxeñeiros en Telecomunicación, Industria e Informática que se beneficien
dalgunha das 500 bolsas do programa poderán ter a posibilidade de incorporarse
á multinacional española (que en edicións anteriores asumiu ao 95% dos
bolseiros que completaron a súa estadía formativa de 12 meses).
