Stieg Larsson supera o millón de e-books vendidos a través de Amazon

martes, 27 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Amazon anunciou que o finado escritor Stieg Larsson, responsable da Triloxía Millennium, converteuse no primeiro autor literario en superar o millóns de libros electrónicos adquiridos a través da plataforma Kindle, converténdose no primeiro integrante do Kindle Million Club, no que figurarán os creadores que consigan superar tal volume de vendas.
O pasado mes de marzo estimábase que a Triloxía Millennium tería vendido 27 millóns de copias (incluíndo as dixitais) en máis 40 países, polo que parece evidente que aínda queda moito por mellorar para que as vendas en soporte electrónico superen en vendas en papel.