Sony podería tirar de secuelas como exclusivas da PS3 para 2011

mércores, 13 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Killzone é unha das franquías que podería volver á PS3 en 2011

Os supervendas dos últimos meses destacaban por ser secuelas de xogos anteriores o pertencer a franquías, polo que Call of Duty: Modern Warfare 2, Assasin’s Creed 2 ou FIFA 10 non destacaban precisamente pola súa orixinalidade e innovación, e o panorama parece que non vai mudar moito, e dende PlayStation: The Official Magazine pensan que na vindeira edición do E3 van presentarse oficialmente os xogos Killzone 3, Resistance 3 e InFamous 2 coma os grandes xogos exclusivos de PS3 para 2011.
A mesma revista tamén considera que o anunciado Metal Gear: Rising non chegará ás tendas ata o Nadal, polo que a estrea desta saga na Xbox 360 estaría a facerse agardar bastante, e marcaría a desaparición dunha das principais exclusivas de Sony (compañía que xa perdeu o monopolio de sagas coma Final Fantasy e Tekken nas consolas de videoxogos domésticas).