Skype adapta a súa videoconferencia en grupo a tablets con Windows
mércores, 16 de xullo do 2014

- ata 10 persoas á vez poden participar nas videoconferencias de Skype
O pasado mes de abril Microsoft fixo de balde as
videoconferencias en grupo para Windows, OS X e Xbox One, prometendo que
esta atractiva funcionalidade chegarÃa en breve a outras plataformas e,
finalmente, chega
á interface moderna de Windows, de xeito que tablets e convertibles co
sistema operativo de Microsoft poden gozar de conversas en vÃdeo de balde con
varios usuarios á vez.
A nova versión de Skype está
dispoñible na tenda de aplicacións de Windows, pero cómpre lembrar que a
meirande parte dos usuarios non terán que instalala manualmente, xa que Skype
xa está integrada en Windows 8.1, polo que o máis recomendable serÃa actualizar
o sistema operativo no caso de non contar aÃnda con esta aplicación instalada
nun equipo con pantalla táctil.

- Se facemos un doble toque sobre un participante nunha multi-conferencia en vÃdeo poderemos velo a pantalla completa
A interface das multi-conferencias de vÃdeo en Skype optimizouse para o tipo de
conversas máis habituais (con 3 ou 4 participantes) de xeito que amosa en
tamaño máis grande aos 3 participantes máis activos, mentres que o resto
(lembremos que poden participar ata 10 persoas na mesma conversa) aparecerán en
tamaño máis pequeno ata que comecen a falar. Se queremos ver a unha persoa en
concreto, só teremos que premer dúas veces sobre a súa imaxe para vela a
pantalla completa.
Tamén é posible aproveitar as funcionalidade de Windows 8.1 para, por exemplo,
facer que Skype só ocupe unha porción da pantalla, para poder navegar pola web,
ver un vÃdeo ou comprobar o correo electrónico mentres estamos a falar a través
de Skype.
VÃdeo de presentación das videoconferencias de Skype na interface moderna de Windows
