SecondRotation.com compra produtos electrónicos para revendelos a través da Internet
xoves, 26 de xullo do 2007
A venda de produtos electrónicos de segunda man a
través da Internet é algo moi habitual, pero precisa estar pendente de poxas e
distintos trámites que poden resultar pouco seguros e moi traballosos para os
interesados en desfacerse dos seus chismes vellos, polo que nos EE.UU. lanzaron
unha curiosa web
que se dedica a mercar dispositivos electrónicos dun xeito moi doado para o
vendedor.
Dende SecondRotation.com os
usuarios poden buscar o produto que queren vender e marcar o seu estado de
conservación e outras caracterÃsticas para recibir unha valoración do mesmo e,
de estar conforme, pode remitilo por correo á empresa da web, que tras revisar
que se cumpren as caracterÃsticas indicadas polo vendedor, remiten un cheque
coa cantidade acordada.
Os responsables da web venden logo os produtos mercados en plataformas como
eBay, preocupándose eles de atopar comprador, aÃnda que para moitos tamén pode
ser interesante o seu servizo para comprobar o prezo mÃnimo ó que se poden
mercar certos trebellos usados. AsÃ, podemos ver como un iPod nano se valora por
pouco máis de 20 dólares, mentres que un iPhone supera os 600 dólares.
