Sancionan a Telefónica por dificultar aos seus competidores a comercialización de ADSL sen teléfono
mércores, 21 de outubro do 2009
A Comisión do Mercado
das Telecomunicacións (CMT) autorizou a Telefónica a ofrecer acceso a Internet
a través de DSL sen precisar de dar servizo de voz na mesma liña mediante o que
se coñece coma naked ADSL, o que
deberÃan poder facer outras operadoras dende hai meses, e por colocar
Telefónica numerosos atrancos rematou valéndolle unha
sanción de 1 millón de euros.
En abril, a CMT aprobou unha resolución a partires dunha denuncia de Vodafone
na que instaban a Telefónica a pór a disposición dos seus competidores unha
solución automatizada que lles permitise ofrecer aos seus abonados Internet
indirecto sen teléfono. A reacción de Telefónica foi bastante lenta, e a CMT
estipulou sancionar á operadora con 10.000 euros por cada dÃa de demora no
cumprimento da anterior resolución, chegando a sumar o millón de euros de
sanción mencionado.
