SanDisk anuncia unha tecnoloxÃa que poderÃa acelerar as unidades SSD ata 100 veces
xoves, 6 de novembro do 2008
Os discos duros de memoria de estado sólido teñen como vantaxes fronte aos discos duros unha velocidade de acceso máis rápida, un nivel de ruÃdo imperceptible e un baixo consumo, polo que serÃan ideais para o seu uso en portátiles, pero as unidades que se comercializan actualmente non están a destacar por cumprir con estas caracterÃsticas teóricas, e amosan un rendemento bastante semellante aos discos duros tradicionais, o que SanDisk pare querer corrixir coa tecnoloxÃa ExtremeFFS que poderÃa chegar a acelerar ata 100 veces a escritura aleatoria en unidades SSD nos sistemas operativos actuais empregando un algoritmo baseado en paxinación (almacenando os datos nos sectores que sexan máis convenientes e eficientes), empregando unha arquitectura sen bloqueos (para que as canles NAND operen independentemente, de xeito que se poderÃan efectuar lecturas á vez que se escribe ou se recolle o lixo) e se inclúe tamén un sistema para recoñecer os patróns de uso do usuario, situando os datos máis utilizados en localizacións máis accesibles.
