Samsung e Apple dominan as vendas de smartphones no 3º trimestre de 2012
mércores, 14 de novembro do 2012
Gartner publicou hoxe datos sobre o mercado de
dispositivos móbiles a nivel mundial relativos ao terceiro trimestre do ano,
reflectindo que aÃnda que o número de dispositivos tivo unha caÃda interanual
do 3,1%, ao centrarnos nos smartphones teriamos que medraron un 46,9%
interanual, demostrando a alta demanda deste tipo de dispositivos, aÃnda que
non todos os seus fabricantes poidan gozar desta fortaleza.
Os datos publicados dan conta do feito de que o mercado dos smartphones está
dominado por 2 fabricantes, Apple e Samsung, que controlan o 46,5% das vendas,
mentres que o resto de fabricantes loitan por facerse cunha terceira posición aÃnda
bastante afastada.
No trimestre anterior parecÃa que Nokia estaba a facerse co desexado terceiro
posto na venda de smartphones, pero o anuncio de que a súa familia Lumia non
poderÃa actualizarse a Windows Phone 8 levouno a caer ata unha sétima posición
(aÃnda que o lanzamento dos Lumia 920 e 820 poderÃan facerlle recuperar a súa
posición no trimestre actual), de xeito que RIM puido volver a quedar nun
terceiro posto, seguido por HTC, compañÃa que está a ter moitos problemas para
continuar en posicións relevantes no sector.
AÃnda que a campaña de Nadal dinamiza habitualmente as vendas, dende Gartner
queren ser prudentes, e pensan que o pulo vai ser menor que en exercicios
anteriores (tendencia que parece estar producida pola conxuntura económica
global). Tamén estiman que Samsung continuará a súa tendencia crecente, que no
pasado trimestre levounos a vender preto de 98 millóns de móbiles,
quintuplicando as vendas de Apple e superando finalmente a Nokia (que padeceu
unha importante caÃda). ConfÃrmase asà que a aposta de Samsung pola súa familia
de móbiles Galaxy foi todo un acerto, pois pasou dunha situación na que no
primeiro trimestre de 2010 só o 3% dos seus móbiles vendidos eran smartphones a
que agora o sexan o 54%, o que contribuÃu considerablemente a incrementar os
beneficios da compañÃa surcoreana, que hoxe incluso estarÃa a facer máis cartos
cos seus Galaxy que Google con Android. Sorprende ver que Samsung
e Apple sexan practicamente os únicos fabricantes de móbiles aos que lles vai
ben no que a marxes operativos se refire, superando o 20%, mentres que LG,
Nokia, Sony e RIM estarÃan a pasar por unha mala racha da que HTC sálvase por
moi pouco.
Se miramos aos sistemas operativos temos que Android superou os 122 millóns de
dispositivos no terceiro trimestre de 2012, o que supón un incremento
interanual do 102%, mentres que Apple tivo que conformarse con máis de 23
millóns de dispositivos e RIM con preto de 9 millóns (cunha caÃda interanual de
preto do 30%).
