Samsung Galaxy S III recibe 9 millóns de reservas a nivel mundial
venres, 18 de maio do 2012

- O modelo xaponés do Samsung Galaxy S III contará con 2 Gb de RAM e sintonizadora de televisión
A finais de mes chegará ao mercado europeo o Samsung Galaxy S
III, que preséntase como o smartphone
de referencia na alta gama para os vindeiros meses, por sumar unha serie de
prestacións que superan a practicamente todos os seus competidores á vez que
vén apoiado pola sona dos seus modelos predecesores, de aà que se fale de que Samsung
recibiu uns 9 millóns de reservas do novo móbil, que estará dispoñible a
través de máis de 290 operadores en 145 paÃses.
O Samsung Galaxy S III terÃa asà unha acollida comparable á dos novos iPhone,
pois actualmente as fábricas surcoreanas están a operar a máxima capacidade
producindo 5 millóns de terminais ao mes, o que inicialmente non poderÃa
atender á súa demanda.
Como en terminais anteriores, o Galaxy S III chegará en modelos distintos
segundo o paÃs no que se comercialice, para adaptarse ás tecnoloxÃas locais, de
aà que vaiamos a ver modelos con ou sen conectividade LTE e, dende o operador
nipón NTT DoCoMo veñen de confirmar que contará cunha variante do Galaxy S III
que terá procesador de dobre núcleo e que, ao parecer, dobrará
a súa memoria RAM chegando aos 2 Gb, incluÃndo tamén un sintonizador de
televisión 1seg. LG xa anunciou o seu Optimus
LTE 2 con 2 Gb de RAM, polo que parece que temos unha nova caracterÃstica
para móbiles Android que poderÃa estandarizarse nos vindeiros meses, pese a que
actualmente resulta difÃcil de entender a instalación de tal cantidade de
memoria nun dispositivo móbil (pois incluso os tablets funcionan sen problemas
de memoria con 1 Gb de RAM).
