Rouban os datos de 1,3 millóns de usuarios de SEGA
luns, 20 de xuño do 2011

- SEGA Play pecha mentres reforzan a seguridade dos seus sistemas
Nos
últimos meses disparáronse os ataques informáticos a compañÃas de videoxogos en
vista da súa elevada vulnerabilidade como demostrou o longo peche da
PlayStation Network de Sony (e moitos outros servizos da mesma compañÃa) e
agora tocoulle a SEGA ter que recoñecer que os
datos de 1,3 millóns de clientes da súa base de datos vÃronse comprometidos,
polo que tiveron que pechar temporalmente o servizo
Play SEGA para reforzar a súa seguridade.
De todos os xeitos, os datos subtraÃdos non foron moi sensibles, limitándose a
nomes, datas de nacemento, enderezos de correo electrónico e contrasinais
encriptados. Desta volta tamén sorprende que o grupo Lulz Security, lonxe de
reivindicar a intrusión nos servidores de SEGA ofrécense para castigar aos que
penetraron na base de datos da compañÃa nipona.
