RetroCoruña convoca aos seareiros da informática clásica a xuntarse en Sada
venres, 12 de decembro do 2014
Non só Compostweets
adiou este ano a súa celebración ata o mes de decembro, senón que RetroCoruña tamén fai o mesmo, e mañá
celebrará no Pavillón Municipal de Sada a súa 6ª edición entre as 11:00 e as
21:00 horas, de xeito que os amantes dos videoxogos e a informática clásica
poderán xuntarse para ver unha completa exposición, asistir a un relatorio, ver
unha proxección, participar en torneos de videoxogos e incluso mercar produtos
relacionados con este mundo.
Como vén a ser habitual, o encontro contará cunha completa selección de equipos
en exposición, asà como numerosos postos nos que poder botar unha partida
libremente, entre os que destaca este ao unha Zona PC na que poder lembrar videoxogos
clásicos para ordenadores persoais (como as aventuras de Lucasfilm). Como o
evento celebra os 30 anos do Macintosh, ás 18:00 horas acollerá un relatorio de
Antonio RodrÃguez (AUIC) no que fai unha achega aos comezos da compañÃa da
mazá, mentres que outros nostálxicos poderán descubrir o telefilme documental MicroMen de 2009, que narra a rivalidade
entre Sinclair e Acorn Computers nos anos 80 e proxectarase ás 13:15 horas.
Este encontro organizado pola Asociación de
Usuarios de Informática Clásica (AUIC) contará con numerosos expositores (Clone
Computers, JoJo073, HTDreams, Movemento Xove, Caramel Cute Shop, Comundad
Ociorum, Hipsilon, MeGustaLoRetro, Web8Bits, Akkad Studios, AUIC, Legión Gamer e
SoloBits), animarase con torneos de videoxogos de Tetris (12:00 horas), Ghost
& Goblins (17:00 horas) e Shilped
(19:15 horas), competicións organizadas por Legión Gamer, e incluso sorteos que
tomarán como referencia o número de entrada (que é de balde).

No pavillón sadense poderán verse numerosos equipos clásicos

O evento combina equipos en exposición, postos para xogo libre e expositores con produtos relacionados á venda
