Retratan a un directivo de HP utilizando un portátil de Apple no seu fogar

martes, 22 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Ray Lane utilizando un MacBook Air no seu fogar en Artherton (California) nunha fotografía de Robert Galbraith

A axencia Reuter publicou unha reportaxe sobre un dos directivos de Hewlett-Packard Co (HP), Raymond J. Lane, acompañada por unha fotografía de Robert Galbraith que está a dar moito que falar, xa que este profesional incorporado á compañía coa compra de Electronic Data Systems Corporation en agosto de 2008, aparece retratado cun ordenador MacBook Air.
Aínda que moitos teñan criticado nos últimos anos a política anti-Apple de compañías como Microsoft (que prohibe aos seus empregados ter un iPhone), tampouco resulta elegante que un alto directivo dunha compañía empregue no seu ámbito privado produtos da competencia ou, cando menos, os amose en público a través dunha fotografía que está a dar a volta ao mundo.
A instantánea case coincide no tempo co lanzamento do HP Folio 13, o que podería considerarse coma o MacBook Air de HP, que será a estrea de HP no mercado dos Ultrabooks, e que chega como un equipo máis económico e versátil que o de Apple.