Remata o desenvolvemento de Windows 8.1
martes, 27 de agosto do 2013
Microsoft
ten prevista a estrea oficial
de Windows 8.1 para o dÃa 17 de outubro, pero hoxe mesmo xa anuncia que a
actualización de balde que chegará para Windows 8 está
xa rematada e comeza a enviarse aos fabricantes de hardware para que poidan
comezar a integración de Windows 8.1 e Windows RT 8.1, para que en outubro
poidan colocar os novos equipos nas tendas cun sistema operativo actualizado, o
que provocou tamén as inevitables filtracións destas versións (xa
están a circular pola Rede copias da versión en chinés simplificado).
Cómpre destacar que, aÃnda que xa podemos considerar definitiva a versión de
Windows 8.1, ao quedar varias semanas para o seu lanzamento efectivo, é
habitual que se incorporen no camiño algunhas pequenas melloras e correccións,
polo que intentar adiantarse a instalar as versións filtradas non é moi
recomendable.
Con Windows 8.1 Microsoft intenta evitar o rexeitamento inicial que amosaron
moitos usuarios a Windows 8, abrindo o sistema a un público máis amplo con
detalles como a recuperación do botón de Inicio ou a posibilidade de iniciar o
equipo directamente no Escritorio (sen pasar polo menú de Inicio). A interface
de uso tamén é máis homoxénea, melloráronse numerosos detalles relativos ao uso
do equipo tanto en mobilidade como na empresa e incluso incorporouse o soporte
nativo de impresoras 3D. Tamén mellora o navegador web incorporado e inclúese Skype dentro
do propio sistema.
