Premiarán cun televisor novo aos donos dos 10 televisores máis antigos de España

luns, 9 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Un concurso de fomento da TDT busca os 10 televisores máis antigos de España, de xeito que os seus propietarios obterán a cambio do seu vello dispositivo un televisor de pantalla plana de 32 polgadas con sintonizador de TDT integrado, sendo preciso para participar o envío de 2 fotografías dixitais, xunta cunha aplicación contando cómo se fixeron co televisor, que haberá que remitir por correo electrónico antes das 12:00 horas do 25 de marzo.
Este concurso está patrocinado por Samsung (compañía que subministrará os televisores cos que premiarán aos gañadores) e as institucións organizadoras son Impulsa TDT, a Acadamia das Artes e das Ciencias da Televisión e o Concello e a Deputación de Lleida.