Pluto TV ofrecerá en España 40 canles televisivas de balde con publicidade
xoves, 8 de outubro do 2020
Unha das grandes sorpresas da xornada foi a nova publicada en
primicia por Variety na que daban conta dun acordo
entre Movistar+ para o lanzamento de Pluto TV en España, Francia e Italia.
A plataforma de vÃdeo baixo demanda con publicidade de ViacomCBS chegarÃa a
España a finais do presente mes, mentres que en Francia e Italia deixarÃa o seu
desembarco para primeiros do ano que vén.
Dende Variety detallan que os servizos de streaming con publicidade son
complicados de manter en Europa xa que existe unha grande fragmentación de
mercado, e precisamente por iso ViacomCBS chegou a un acordo con Movistar+, que
non serÃa unha plataforma tecnolóxica, senón que limitarÃase a ser unha socia na
venda de publicidade.
Pluto TV ofrecerá 40 canles temáticas e milleiros de horas de contidos de
xéneros moi distintos, como pelÃculas, series, realities, contidos para
nenos, comedia... para o que contan con máis de 20 socios españois como
All3Media, Banijay, Fremantle e Lionsgate, de xeito que contaremos con diferentes
canles temáticas con pelÃculas e incluso series icónicas como Ana y los 7,
Curro Jiménez ou Andrómeda.
Os contidos de Pluto TV serán de balde con publicidade, e aÃnda que comecen con
40 canles, a súa intención é chegar ao cento de canle antes de rematar o ano
que vén.
Para ver os contidos de Pluto TV precisamos dun navegador web ou de aplicacións
para Android, Android TV, iPhone, Apple TV ou Amazon Fire TV, ou sexa, nas
principais plataformas coa excepción do Smart TV das grandes marcas (Samsung e
LG) e consolas de videoxogos, limitación que non parece preocupar a esta plataforma
que xa leva bastante tempo operando noutros mercados.
