PlayStation Plus incluirá Metal Gear Solid V en outubro
mércores, 27 de setembro do 2017
Dende
Sony parecen estar no camiño da redención no seu programa de PlayStation Plus,
e con moito tempo ofrecendo xogos independentes e irrelevantes aos seus
subscritores de pagamento, levan uns meses ofrecendo tÃtulos bastante interesantes,
e ao igual que o
mes pasado sorprendÃan con inFAMOUS:
Second Son, agora anuncian que en
outubro teremos un xogo tan importante como Metal
Gear Solid V: The Phantom Pain, entrega que puxo fin á saga de Hideo
Kojima. Outro xogo de PS4 dispoñible en outubro será Amnesia: Collection, unha obra realmente
arrepiante.
Unha vez máis tamén inclúen en PlayStation Plus un par de tÃtulos adicionais,
que se saen un pouco do habitual, como serÃan ¡Has sido tú! (que busca explorar o
uso do smartphone como complemento para xogos en grupo) e RIGS Mechanized Combat League (tÃtulo
de mechas para PlayStation VR).
O resto de tÃtulos si que son pouco coñecidos, de xeito que os usuarios de PS3
recibirán Monster Jam Battlegrounds e Hustle Kings, mentres que os de PS
Vita terán Hue e Sky Force Anniversary (ambos
compatibles con PS4).

- Sky Force Anniversary é un xogo compatible con PS Vita e PS4
VÃdeo no que detallan os xogos incluÃdos en PlayStation Plus no mes de outubro
