Pilar López asume a presidencia de Microsoft Ibérica
martes, 30 de xuño do 2015
Collendo
o relevo de María Garaña, quen pasará a ocupar o posto de vicepresidenta da
división de solucións empresariais de Microsoft para Europa, Oriente Próximo e
África, Pilar
López asumirá mañá a presidencia da filial española de Microsoft,
coincidindo co inicio do novo exercicio fiscal.
Como presidenta de Microsoft Ibérica Pilar López encargarase de liderar en
España o negocio da compañía en todos os mercados nos que opera, así como de
reforzar as relacións estratéxicas cos seus principais clientes e potenciar as
relacións cos seus máis de 6.500 partners,
mantendo a nova estratexia da compañía de Redmond dirixida a xirar ao redor de
3 eixes: crear unha informática máis persoal, reinventar a produtividade e os
proxectos empresariais e construír unha infraestrutura intelixente na nube.
Pilar
López Álvarez é licenciada en Dirección e Administración de Empresas, con
especialización en Finanzas por ICADE, e desenvolveu grande parte da súa
carreira profesional en Telefónica, compañía á que se incorporou en 1999 tras ocupar
antes postos directivos en J.P. Morgan en Madrid, Londres e New York.
