PayPal non protexerá os pagamentos para campañas de crowdfunding
luns, 9 de maio do 2016
Nos
últimos meses non están a ser poucos os proxectos de micromecenado que
fracasan, non só á hora de cumprir prazos e expectativas, senón que chegan a
non ser quen de facer realidade o produto prometido, deixando aos mecenas sen
os cartos achegados e sen a súa correspondente recompensa, risco que deberÃa
quedar claro dende o primeiro momento, e que non parecen saber entender moitos
usuarios (as plataformas como Kickstarter ou Verkami non son tendas en liña) e
por iso PayPal
anunciou emendas nas súas normas de uso, que entrarán en vigor o 25 de xuño,
e nas que se recolle como na sección 13.3, na categorÃa de produtos que non
poden ampararse na popular protección de compras que ofrece este sistema de
pagamentos incorpóranse as plataformas de micromecenado, as compras a axencias
gobernamentais e as apostas.
Con este tipo de precaucións dende PayPal non buscan danar de ningún xeito as campañas
de micromecenado, ás que aseguran seguir apoiando, senón que deixan
constancia do feito de que non poden asegurar os pagamentos en operacións que
carecen de ningún tipo de garantÃa.
Lembremos que PayPal tampouco permite gozar da protección de pagamentos para a
compra de tarxetas de pre-pagamento, o uso de terminais virtuais, os pagamentos
persoais ou incluso a adquisición de vehÃculos e inmobles, aÃnda que lembran
que a ausencia da garantÃa das operacións non impide a presentación de disputas
para tentar chegar a un acordo co vendedor en caso de conflito.
