Os xogos de LEGO Star Wars chegan a iOS
venres, 13 de decembro do 2013
A adaptación de pelÃculas de cine ao videoxogo dándolle
forma de figuras de LEGO conseguiu grande éxito nos últimos anos, a unha das
franquÃas máis beneficiadas foi a de Star Wars, que agora pode gozarse en pleno
en dispositivos con iOS grazas á chegada
á App Store de LEGO Star Wars: The
Complete Saga, que recolle nunha única aplicación as dúas triloxÃas
galácticas de George Lucas, achegando o Episodio I de balde e permitindo
adquirir o resto de entregas de xeito independente ou por lotes, de xeito que o
xogo completo terÃa un prezo de 13,99 euros, o que é considerablemente máis
barato que cando este tÃtulo chegou ás consolas de videoxogos domésticas.
Estamos ante un xogo moi completo que, de feito, para instalarse nun iPhone ou
iPad precisa de que o dispositivo teña 1,44 Gb de espazo libre (agás se facemos
a instalación a través dun ordenador, caso no que chegarÃa con ter 735 Mbytes
libres). Ofrece 36 niveis no seu modo historia, xunto con outros contidos
adicionais, presenta a máis de 120 personaxes (entre os que non faltan Luke
Skywalker, Darth Vader, Han Solo...), poderanse empregar os poderes da Forza
cando encarnemos a un cabaleiro Jedi, funciona coa mecánica propia dos xogos de
LEGO e permite empregase con controis clásicos ou facendo un uso máis directo
da pantalla táctil (segundo as preferencias do usuario).

- No xogo podemos ver aos principais personaxes da saga galáctica
