Os videoxogos terán o seu espazo na Feira dos Autónomos de Galicia
luns, 1 de decembro do 2014

- Trap Ball para Xbox 360 será un dos xogos que poderemos probar libremente no encontro que terá lugar no recinto de EXPOCoruña
O recinto de EXPOCoruña acollerá entre os dÃas 4 e 8 de
decembro a Feira dos
Autónomos de Galicia, que emprende esta XXI edición renovando os seus
contidos, de xeito que aos expositores habituais acompañaraos un espazo de
lecer alternativos entre os que podemos destacar un espazo para os estudios de
videoxogos independentes que tanto destacan na nosa comunidade.
Deste xeito, Axóuxere Games, Demon
Koffe e Akkad Estudios terán un espazo de seu na feira deste ano, acollendo
tamén como convidado a Gazpacho Games. Cada un dos estudios terán actividades
de seu para os asistentes, de xeito que Axóuxere Games permitirá gozar dos seus
xogos para Xbox 360 Trap Ball e Planetary Shield, ou da versión para
móbiles e tabletas de Shuriken Training
HD, á vez que celebrará campionatos de Trap
Ball Ed. Billar e Shuriken Training.
Este estudio coruñés aproveitará o encontro para presentar o seu novo xogo para
Android, Colours, do que tamén
celebrará un campionato.
O estudio ribeirense DemonKoffee tamén estará presente co seu xogo ChanChan,
ao que poderá xogarse en distintas plataformas, asà como poderá probarse tamén
o seu WaspUp. Os asistentes ao evento
tamén poderán ver como os desenvolvedores desta compañÃa programan en vivo.
Os amantes ás aventuras gráficas tamén poderán visitar aos mozos de Akkad Estudios, que permitirán
probar os seus xogos para PC Quiero Morir,
Mente VacÃa-Destino en Blanco, Quiero una identidade e Soy Libre, asà como gozar da versión de
demostración de Lienzo en Blanco,
tÃtulo que están a ultimar estes dÃas. O sábado ás 19:00 horas impartirán un
relatorio no que explicarán a súa motivación para crear videoxogos.
Trailer da última creación de Akkad Estudios
O máis recente grupo de desenvolvedores independentes Gazpacho Games presentarase durante a
Feira, permitirá probar os seus xogos ESC
e El Susurro Primigenio, e impartirá
tres interesantes relatorios: Marketing
de videoxogos: contactar coa prensa como vÃa de promoción (venres ás 18:00
horas), Unreal Engine 4 e o noso novo
proxecto (sábado ás 19:00 horas) e The
Big Jam: un paso cara ao desenvolvemento de videoxogos (domingo ás 19:00
horas). Nesta última abordan o tema dos eventos de desenvolvemento exprés, dos
que curiosamente saÃu a súa creación ESC, elaborada
durante 72 horas dentro da Familiar Game Jam II.
Completando a oferta de lecer electrónico na Feira, o venres 5 ás 19:00 horas
os integrantes do programa de radio independente El Complejo Lambda
explicarán como desenvolven o seu particular espazo sonoro que semanalmente
acumula milleiros de reproducións en formato podcast. A asociación Legión
Gamer tamén dinamizará enormente os cinco dÃas do evento organizando torneos
moi variados nos que tanto poderá competirse en tÃtulos recentes como Injustice: Gods Among Us, Ultra Street Fighter IV, ou FIFA 15, asà como en clásicos como Windjammers, Super Bomberman 2, Puzzle
Bobble ou Smash Bros. Melee. A inscrición aos torneos pode
facerse mediante correo electrónico ou durante o propio evento (no caso de
quedaren prazas libres).
