Os videoxogos ocuparon o 54% do lecer electrónico en 2007
mércores, 9 de abril do 2008
A Asociación Española de Distribuidores e Editores de Software de
Lecer (aDeSe) publicou as estimacións de consumo do ocio multimedia e
interactivo correspondente a 2007, que experimentou un importante crecemento no
sector dos videoxogos, que chegou aos 1.454 millóns de euros, de xeito que
supera xa a suma do consumo en música gravada, pelÃculas en DVD e taquillas
cinematográficas.
Os videoxogos supoñen asà o
54% do consumo de lecer electrónico, situando a España no cuarto posto a
nivel europeo (tras Reino Unido, Alemaña e Francia).
As consolas de videoxogos cada dÃa gañan máis presenza coma plataforma de xogo,
e xa representan o 88,4% do consumo, mentres que o PC vai quedando relegado,
aÃnda que tamén hai que destacar que o tipo de xogos en cada plataforma son
dispares, de xeito que nas consolas dominan os tÃtulos de aventura, mentres que
no PC os lÃderes son os de estratexia.
Analizando a listaxe dos 20 tÃtulos máis vendidos en 2007, destacan nos dous
primeiros postos os Brain Training de Nintendo DS, ocupando a portátil
de Nintendo outros 9 postos, polo que serÃa a consola con máis unidades nas
primeiras posicións de ventas, seguida da supostamente en decadencia
PlayStation 2, que conta con 7 xogos na listaxe, mentres que a PS3 e a Wii se
teñen que conformar cun tÃtulo cada unha. HaberÃa que destacar que estes xogos
están segregados por plataforma, polo que, se esquecemos as plataformas é de
xustiza destacar que o Pro Evolution Soccer (en distintas
versións) está presente no Top 20 en 4 posicións.
No tocante as cifras negativas, aDeSe tamén denuncia que os desenvolvementos de
videoxogos realizados en España non chegan ao 1% do consumo local, e a taxa de
piraterÃa continúa a ser elevada, supondo unhas perdas
estimadas de 150 millóns de euros.

