Os smartphones de Nokia funcionarán con Windows Phone
venres, 11 de febreiro do 2011

- Stephen Elop e Steve Ballmer anunciaron en Londres a alianza entre Nokia e Microsoft
Como
deu a entenderse no memorando que
remitiu aos traballadores de Nokia o director xeral da compañÃa finlandesa,
Stephen Elop, hoxe anunciáronse nun evento en Londres os plans da empresa
de cara aos vindeiros anos, nun cambio radical no que Windows
Phone pasará a ser o seu sistema operativo principal, polo que Symbian e
MeeGo, pese a que continuarán a ter presenza no mercado durante 2011, deixarán
de ter peso para Nokia.
Deste xeito Microsoft e Nokia selan unha alianza recÃproca, na que Microsoft
achegará o seu sistema operativo móbil e o seu buscador de Internet Bing,
mentres Nokia contribuirá coa súa experiencia no deseño de terminais e
convertendo a Nokia Maps no servizo de mapas de Microsoft (de xeito que
integrarase en Bing). A tenda de aplicacións e contidos de Nokia tamén pasará a
integrarse no Microsoft Marketplace.
Dende Nokia agardan seguir comercializando Symbian como unha plataforma de franquÃa,
das que xestionará as licenzas (agardando vender uns 150 millóns de terminais
con este sistema nos vindeiros anos), mentres que MeeGo quedarÃa como unha
ferramenta a explorar a máis longo prazo, aÃnda que o móbil que tiña previsto pórse
á venda este ano con tal sistema operativo poderÃa chegar a ver a luz de igual
xeito. Amais, a compañÃa finlandesa ten pensado dividir a súa estrutura en 2 unidades
de negocio diferenciadas, dedicándose unha aos dispositivos intelixentes e a outra aos teléfonos
móbiles, tendo cadansúa estratexia comercial.
AÃnda non hai data para o lanzamento do primeiro Nokia Windows Phone e durante
o anuncio deste acordo Steve Ballmer destacou que non é un acordo de
exclusividade, pero parece evidente que beneficia tanto a Nokia como a
Microsoft, pois actualmente Nokia está a ver como Android está a superalos,
mentres que Windows Phone 7 está a pasar desapercibido no mercado, polo que a
aposta conxunta poderÃa ser a solución perfecta para sobrevivir no actual
contorno competitivo.
No tocante a un posible tablet de Nokia, admitiron que estaban a realizar
desenvolvementos internos, pero poderÃan
chegar a lanzar algún dispositivo baseado en tecnoloxÃa de Microsoft.
Rolda de prensa na que anunciaron o acordo entre Nokia e Microsoft
