Os mapas a pé de rúa de Google captan numerosas curiosidades
luns, 4 de xuño do 2007
Trala incorporación ó servizo de mapas de Google da
posibilidade de somerxerse en vistas de 360º a pé de rúa moitos usuarios
detectaron curiosidades que algúns entenden como detalles graciosos e outros o
ven como ameazas
á privacidade.
Pese a que a novidade en Google Maps só está dispoñible para unhas poucas
cidades norteamericanas, a cantidade de elementos destacados ata o momento é
abraiante, pois tanto se ve a unha
persoa entrando nunha librarÃa para adultos coma o
tanga dunha rapaza que está subindo a un coche (de aà a alarma polo nivel
de detalle das imaxes), xunto coa tÃpica imaxe dunhas mozas
tomado o sol ou un
coche superando o lÃmite de velocidade (e sendo detectado por un radar). Incluso
varios
empregados de Google posaron para unha das fotos, coñecedores de que
aparecerÃan no Street View.
Ante a preocupación por este asunto, dende
Google xa aseguraron que eliminarán as imaxes que soliciten as persoas
prexudicadas no caso de que consideren que violan a súa intimidade, aÃnda
que recoñecen que o número de reclamacións é moi reducido.
