Os mandos de Nintendo Switch poden empregarse en PC
luns, 6 de marzo do 2017
O pasado venres chegou ás tendas a
agardada consola Nintendo Switch, máquina que pode funcionar tanto a xeito
de consola de sobremesa consola portátil, que algúns definen como unha versión
personalizada por Nintendo da tableta nVIDIA SHIELD, o que parece ser bastante
atinado se atendemos ás descubertas da fin de semana como o feito de que os
mandos da consola poden funcionar noutros equipos a través de Bluetooth.
Inicialmente descubriuse que cada mando
Joy-Con pode conectarse co PC como un mando independente, funcionalidade
que tamén compartirÃan
os equipos de Apple, e incluso serÃa posible conectalos a algúns
dispositivos baseados en Android, o que é unha nova bastante boa, xa que
facilita dar aos mandos maior utilidade da prevista inicialmente.
Dende Windows é posible empregar a aplicación
JoyToKey para poder mapear os
botóns de cada Joy-Con para poder empregalos como un control mediante rato ou
teclado, aÃnda que no futuro é posible que xurdan aplicacións que faciliten o
uso destes mandos empregando as súas funcionalidades adicionais (o que pode
resultar moi práctico en certos emuladores).
Tamén o mando Pro de Nintendo Switch
pode conectarse por Bluetooth a un PC, o que posiblemente resulte máis
satisfactorio para moitos xogadores que gozarán deste mando opcional en máis
dun equipo, facilitando a súa amortización.
VÃdeo no que amosan o funcionamento do mando Pro de Nintendo Switch nun ordenador persoal
