Os estadounidenses poderán mandar mensaxes ao presidente Obama a través de Messenger

mércores, 10 de agosto do 2016 Marcus Fernández

Dende a Casa Branca norteamericana veñen de sorprender cunha curiosa iniciativa que desenvolverán a través da súa conta oficial de Facebook: permitirán que os cidadáns poidan enviar mensaxes privadas ao organismo a través de Facebook Messenger, como se estivesen e escribir a un amigo, e de entre todas as comunicacións recibidas comprométense a elixir 10 ao día que remitirán ao presidente Obama.
Esta funcionalidade non é unha simple conta de usuarios de Facebook aberta ao público, senón que a Casa Branca ten un bot atendendo as comunicacións que os cidadáns queren remitir ao presidente Obama, facendo que a experiencia sexa semellante a manter unha conversa ordinaria, conseguindo así unha maior interacción que, por exemplo, a través dun enderezo de correo electrónico. Un orixinal xeito de achegar a institución gobernamental á cidadanía.