Os anunciantes que volven a X reducen a publicidade en máis do 90%
venres, 6 de outubro do 2023
A
entrevista que concedeu a pasada semana Linda Yaccarino para falar da
situación actual de X/Twitter continúa a dar que falar, e tras deixar clara bicefalia
da compañÃa (foron moitas as contradicións entre o que dicÃa Yaccarino e o que
publica e comenta Musk), outras fontes confirman que a directora xeral de X
limitouse a xogar cos datos para tentar dar unha imaxe positiva da compañÃa que
non ten moito que ver coa realidade.
Un dos datos que máis sorprendÃan dos mencionados por Yaccarino é que nas
últimas 12 semanas recuperaran ao 90% dos 100 maiores anunciantes, pero dende
Media Matters están a debuxar unha imaxe máis realista da situación, asegurando
que a meirande parte dos 100 meirandes anunciantes nas
últimas 12 semanas gastaron como mÃnimo un 90% menos en publicidade do que facÃan
nas 12 semanas anteriores á compra de Twitter por parte de Elon Musk.
Un dos exemplos da caÃda no gasto publicitario é que un dos anunciantes que
Yaccarino comentou que volvera a X, Visa, nas 12 semanas anteriores
gastara en publicidade 10 dólares, cando nas 12 semanas anteriores á compra de
Musk o seu investimento en anuncios foi de 77.500 dólares. Trátase dunha caÃda
publicitaria do 99,9%, que no caso de Nissan, Walmart e HBO serÃa do 99,77%, do
91% e do 99,9% respectivamente.
Dá a impresión de que X simplemente está a procurar dar a imaxe de ter unha boa
saúde financeira de cara á renegociación da súa débeda bancaria, aÃnda que vai resultarlle
difÃcil convencelos de que a empresa vai vento en popa, cando Reuters
publica que dende a compra de Musk a caÃda interanual de ingresos da compañÃa foi
durante todos os meses de, como mÃnimo, un 55%.
Ante estes datos é moi difÃcil crer nas palabras de Yaccarino, especialmente
cando non ten un control real da empresa, e incluso recoñece que os traballadores
seguen a responder directamente ante Elon Musk, quen non dubida incluso en
suxerir que poderÃa lanzar un plan de subscrición sen publicidade (o que chocarÃa
de fronte coa estratexia que está a seguir Yaccarino).
