O2 engade televisión á súa oferta
mércores, 25 de outubro do 2023
No verán Movistar
Plus+ anunciou a apertura
do seu paquete básico a clientes de calquera operador, e este movemento
curiosamente está a ter un importante impacto no operador de baixo custo de
Movistar, O2, que asà pode engadir ao seu catálogo de produtos o
servizo de televisión, de xeito que os
usuarios de fibra e/ou móbil de O2 poden contratar Movistar Plus+ por
12 euros/mes, o que supón un aforro mensual de 2 euros fronte á
contratación a través doutros operadores.
O servizo televisivo ofrece contido orixinal, pelÃculas, series e deporte,
permitindo a súa recepción directamente en Smart TV, móbiles, tabletas e
ordenadores con ata dúas pantallas simultáneas, e aÃnda que non é un servizo
tan completo como o que ten Movistar, é dabondo para unha grande masa de
usuarios, permitindo asà que O2 sexa un operador máis atractivo para
os consumidores que simplemente queren pagar menos cada mes e non rematan de
fiarse de operadores cunha cobertura diferente á de Movistar.
